Natural e de elaboración propia
Sabor de aldea é unha empresa familiar orixinaria da localidade de Vilar de Santos, na provincia de Ourense (España) e impulsada por Aldo Fernández, un mozo emprendedor de múltiples proxectos.
Os nosos produtos están elaborados con carnes da máxima calidade procedentes de pequenas explotacións domésticas e son o resultado dun meticuloso proceso tradicional de cría, engorde, matanza, despece, elaboración e afumado con leña de carballo. O noso obxectivo é obtermos un produto xenuíno, onde a calidade e o sabor sexan prioritarios.
Comercializamos o noso chourizo de toda a vida desde a nosa tenda de comestibles localizada na contorna da Limia, onde cada ano os veraneantes nos viñan sinalando o seu sabor extraordinario, circunstancia que finalmente nos animou a crear esta marca para desde aquí, poder envialo a tódalas partes do país.