Chourizo de vilar de Santos

7,50 

Pack de 5 Chourizos Extra afumado e curado

Os nosos chourizos caseiros están avalados polos máis vellos do lugar que ratifican o auténtico do produto ao lles lembrar os sabores tradicionais da aldea da súa infancia. A partir dunha materia prima de excelente calidade e ingredientes 100% naturais, Sabor de Aldea obtén un chourizo exclusivo, tradicional e exquisito.

 

Ingredientes: Carne de porco 100%, pemento, sal, ourego e allo.

Peso neto aproximado: 300 gramos

Opcións do estado de curación:

Curado: Mínimo 5 semanas de curación

Fresco: 10 días de curación

Envíos gratuítos a partir de 50 €

Posibilidades de comer ou cociñar o noso chourizo:

  • Curado ou fresco:

Cociñado (Cocido con patacas en cachelo, para cocido galego, para lentellas en toros, en fabadas, patacas- lacón- grelos con chourizo enteiro)

Salteado (con calquera verdura como xudías verdes, chícharos, acelgas, etc)

Mesmo asado en Microondas ou en aluminio entre as brasas dunha cheminea

  • Curado (en rodaxas, en táboa ou en bocadillo)
  • Fresco: Á sidra ou ao viño branco

SKU: N/A Category: