Natural e de elaboración propia

Sabor de aldea é unha empresa familiar orixinaria da localidade de Vilar de Santos, na provincia de Ourense (España) e impulsada por Aldo Fernández, un mozo emprendedor de múltiples proxectos.


en Diario La Región
en TV de Galicia
en Faro de Vigo

Os nosos produtos están elaborados con carnes da máxima calidade procedentes de pequenas explotacións domésticas e son o resultado dun meticuloso proceso tradicional de cría, engorde, matanza, despece, elaboración e afumado con leña de carballo. O noso obxectivo é obtermos un produto xenuíno, onde a calidade e o sabor sexan prioritarios.

Comercializamos o noso chourizo de toda a vida desde a nosa tenda de comestibles localizada na contorna da Limia, onde cada ano os veraneantes nos viñan sinalando o seu sabor extraordinario, circunstancia que finalmente nos animou a crear esta marca para desde aquí, poder envialo a tódalas partes do país.